Aulas no Museo da Natureza

Esta semana os nosos alumnos de pintura deron a clase no Museo da Natureza. Gostoulles tanto aquelo que imos volver o próximo xoves pola mañá.
Os nenos dos grupos do Venres de 4 a 6, e os do sábado de 11 a 1 tamén irán alí a pintar esta semana.
En realidade a idea partiu de Carmen, que quería facer outro cadro máis para unir aos da exposición do Zucre, que tamén foran pintados alí na xornada reivindicativa do pasado 23 de Outubro.
Lembrade que hoxe Carmen inaugura tamén a exposición dos pés (“PIES”) na Escola de Enfermería e Podoloxía, ás 7,30 da tarde.


Deixa un comentario