Necesitamos Modelos

Hoxe venres está a piques de rematar o curso de “Retrato y Desnudo”, que fai uso de modelo na súa segunda parte.

A raíz da organización deste curso démonos de conta de que a nosa lista de modelos precisa ser ampliada. Se queres pousar para nós, tanto para os cursos como para Carmen Martín e Anxo Varela, contacta coa Escola Aberta de Arte.

O traballo de modelo é gratificante, relaxado, e co teu aporte contribuirás á arte, obtendo unha compensación económica polas molestias.

Non precisas ter un corpo “10″ nin moito menos. Aceptamos xente de todas as estaturas, idades, sexos, condición física, pelaxe, credo, planeta…

Para contactar connosco, escríbenos un e-mail, chama aos teléfonos 665491386, 981320665, ou pásate pola Escola (Sol, 11, Ferrol).

¡Anímate!¡A Arte necesítate!

~ por anxova on Agosto 29, 2008.

Deixa un comentario