Clase de pintura no exterior

http://lh5.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SfF7LdhO34I/AAAAAAAADlE/z7vjcRmrIG0/IMG_0173.JPGAínda que hoxe chove, onte fixo bo día e saímos a debuxar/pintar fóra.

Primeiro aproveitamos para ir ver o mural que Carmen Martín está a facer no CEIP Recimil (antigo Ibáñez Martín).

Logo estivemos nunha terraza da malograda Praza de España debuxando e pintando a fealdade, un exercicio consistente en explotar os “espazos negativos” para facer dun tema pouco interesante un debuxo con graza. A continuación póñovos este enlace a unha galería coas fotos.

~ por anxova on Abril 24, 2009.

Deixa un comentario