Novo Local
Temos boas novas: a Escola Aberta de Arte (que cumpre 10 anos en Outubro) múdase.
Xa temos un novo local, situado no mesmo centro histórico de Ferrol, na parte máis nobre da cidade. A nova sé está en plena Rúa Real, no número 190, frente ao Pazo de Capitanía.
Durante o verán estaremos acondicionando o local, para que a inauguración poda facerse en torno ao 10º Aniversario da Escola Aberta de Arte, o 18 de Outubro, festividade de San Lucas, antigo patrón dos pintores.
O novo local porá o acento na Galería de Arte e o Estudio de Pintura de Carmen Martín e Anxo Varela, aínda que non obstante contará cunha sala adaptada para impartir clases de arte e un espazo acondicionado para tertulias e reunións.
ACTUALIZACIÓN:
Como soe pasar -aínda que non foi directamente pola nosa culpa- as obras están a demorarse. De xeito que, a día de hoxe, xa comezadas, non sabemos a data definitiva do traslado.
Así pois o novo curso comeza en Outubro, cunha novidade nas aulas para nenos: só haberá un grupo: venres de 4 a 6, aínda que será impartido por Carmen Martín, a directora da Escola, e quen comezou coas aulas infantís hai xa dez anos…
Nun principio estaremos no local antigo (rúa do Sol, 11), xa o mesmo día 2 de Outubro. Máis adiante cambiaremos ao novo local, cando rematen as obras de acondicionamento.



Deixa un comentario