Recomezamos

https://i2.wp.com/carmenmartin.com/proy/pea/2008/07/slides/0807_11.jpgOla, tras varios meses -moitos- de inactividade, recuperamos este blogue.

A Escola Aberta de Arte estáse movendo, transformándose, cando xa estamos preto dos dez anos de vida, de traballo en prol da Arte nesta a nosa deprimida cidade.

Estamos a impartir novamente un curso no CAMF de Ferrol, e temos en proxecto varios cursos, en diversos centros e actividades.

Andamos a preparar a edición do X aniversario da Escola da actividade “O Oficio do Pintor”.

Pero sobre todo, a transformación definitiva da natureza da Escola: de ser principalmente unha escola de arte, pasará a ser o Estudio de pintura dos seus fundadores: Carmen Martín e quen escribe, Anxo Varela.

Para posibilitar isto, estamos a buscar un novo local, máis axeitado á nova configuración da escola: galería de arte con exposicións, estudio de pintura e por suposto aulas de arte.

Na nova sé haberá máis espazo adicado a expor as últimas obras de Carmen e Anxo, e sobre todo poderase ver, mes a mes, o avance na Pintura en Acción de Carmen Martín.

Advertisements

~ por anxova o Agosto 9, 2008.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: