Aberto o prazo de preinscrición para os obradoiros da Área de Cultura de Ferrol (1.º cuadrimestre do curso 2009/2010)
Hoxe chegounos esta nota da Extensión Cultural da Universidade da Coruña. Xa temos datos concretos de como facer a inscripción nos cursos da UDC (Campus de Ferrol):
Xa está aberto o prazo para realizar a preinscrición nos obradoiros que organiza a Área de Cultura do campus de Ferrol no primeiro cuadrimestre do curso 2009-2010.
Obradoiros:
- Fotografía. Niveis Iniciación e Avanzado. Profesora: Rocío Brage Varela. Fotógrafa. Nivel Iniciación: martes, de 16.30 a 18.30 horas. Nivel Avanzado: martes, de 18.30 a 20.30 horas.
- Saber ver a arte. Profesor: Miguel Anxo Varela. Pintor e codirector da Escola Aberta de Arte. Mércores, de 17 a 19 horas.
- Invitación á filosofía ou como aplicar a análise crítica á vida cotiá. Profesora: Rebeca Roca Fraga. Licenciada en Filosofía. Xoves, de 17 a 20 horas.
- Animación con “Stop Motion” (técnica de animación a través da captura de fotografías). Profesor: Roberto Casteleiro e Diego Lamas. Sábados, de 10.30 a 14.30 horas.
- Audicións comentadas de rock. Profesor: Tomás Legido. Xestor cultural e representante musical. Mércores, de 19 a 20.30 horas.
- Artesanía en coiro: “O coiro nas mans”. Profesora: Gema Pita. Artesá e profesora. Luns, de 17 a 19 horas.
- A cultura científica. Desmontando os tópicos da divulgación científica. Profesora: Deborah García Bello. Licenciada en Química e escritora. Mércores, de 10.30 a 12.30 horas.
Datas:
Todos os obradoiros teñen como data prevista de comezo a última semana de outubro -caso de acadar o número mínimo de preinscritos- e desenvolveranse durante o primeiro cuadrimestre deste curso até febreiro do 2010.
Duración: 30 horas.
Matrícula: 35 euros membros da comunidade universitaria/ 45 persoas alleas.
Todos os obradoiros teñen créditos de libre elección.
Lugar de realización: campus de Esteiro.
A Oficina da Área de Cultura porase en contacto cos estudantes preinscritos para formalizar a matrícula, para o cal deberán recoller as follas de ingreso e entregar o exemplar azul (“exemplar para o centro”) despois do ingreso da cota no banco ou caixa.
Máis información: Oficina da Área de Cultura-Ferrol. Edificio de Apoio ao Estudo, 1.º andar. Campus de Esteiro. Ferrol. Tlf. 981 167 000. Ext. 3697. Correo electrónico: cultura.ferrol@udc.es e na paxina web www.udc.es/cultura.

hola! supongo que no, pero, ¿estoy a tiempo de apuntarme al curso de stop motion?
¡saludos!