NOVÍSIMO curso!

Neste curso 2009-2010 que comeza temos varias novidades salientábeis.

https://i1.wp.com/www.elpais.com/recorte/20080529elpepunac_23/XLCO/Ies/anos_obras.jpgA primeira é o traslado, o cambio ao novo local, que aínda non ten data fixa, pero que será cedo, iso seguro. Xa estamos comezando as obras, e se todo vai ben, a finais de Outubro ou en Novembro -dependendo dos papeleos máis que doutra cousa- estrearemos local.

A segunda son os novos cursos:

  1. Nenos. Polo de agora imos reducir as clases infantís a só un grupo, o do venres de 4 a 6, pero como novidade, será impartido de novo por Carmen Martín, que facendo un oco, accedeu a dar un grupo de nenos. Penso que con Témpera/Soutine de profesora, os nenos que poidan asistir neste horario serán uns auténticos privilexiados.
  2. Adultos. Anxo Varela e Carmen Martín serán os mestres dos grupos de adultos. Os novos horarios poden consultarse aquí.
  3. Historia da Arte. Pilar Freire segue coas súas clases de Historia da Arte, nos Xoves de 8 a 9,30
  4. SABER VER A ARTE (A Arte desde dentro). Teremos unha nova edición da nosa colaboración coa Extensión cultural da Universidade da Coruña, neste curso que afronta aspectos da arte coñecidos polos artistas pero descoñecidos polo público en xeral. Con visitas a museos, escolas de arte, obradoiros de pintores, coñecendo a artistas de sona… O seu horario, os mércores de 5 a 7.

A terceira é o 10º Aniversario da Escola Aberta, para a que estamos a argallar unha edición corrixida e aumentada dos nosos festexos de San Lucas: un concerto, unha exposición e… O Oficio do Pintor, para o que o gran pintor coruñés Pedro Bueno Salto xa confirmou asistencia.

Pero, cando esteamos no novo local haberá moitas máis novidades, das que xa vos informaremos…

Advertisements

~ por anxova o Setembro 24, 2009.

Unha resposta to “NOVÍSIMO curso!”

  1. Hola meus ben queridos compañeir@s!!!!! Son Raquel (a dos rizos de Valdoviño), sigo engaiolada chapando coma unha toliña pra o dichoso exame do SERGAS, non volvín pintar desde xullo que o deixei na Escola e morro coas ganas de volver facelo! Por sorte xa queda pouco desta tortura(para ben o para mal,xa case que tanto me ten) e supoño que a mediados do mes que ven ou en decembro estarei de novo con vos. A ver se segue facendo este sol e volvemos sair a pintar fora. Un bico moi forte para todas e todos e ata moi pronto!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: