Descontos
Familiares:
20% aplicábel no primeiro e seguintes familiares directos (cónxugues, pais, fillos, irmáns), cando son pagados pola mesma persoa. Non se aplica nas aulas de Historia da Arte nin nos cursos monográficos.
Programa Amizade:
Por cada persoa que entre na Escola grazas a ti obterás 2 € de desconto, ata 40 € totais de desconto cada mes, mentres os amigos sigan matriculados. Os teus amigos obteñen a exención da matrícula (10€) e poden traer amigos á súa vez para beneficiárense de descontos.
Pago adiantado:
Pagando o curso enteiro por adiantado obtense un desconto equivalente a dúas mensualidades.
- Debuxo e Pintura (4 h. sem) custa 80 € mensuais. Un ano= 960 €. Un ano xunto=800 € (Aforro=160 €)
- Debuxo e Pintura (2 h. sem) ou Arte para Nenos custa 55 € mensuais. Un ano=660 €. Un ano xunto=550 € (Aforro= 110 €)
- Historia da Arte custa 40 € mensuais. Un ano=480 €. Un ano xunto=400 € (Aforro=80 €)
Suscripcións de Mecenato:
Os suscriptores do mecenato nas modalidades Stein e Guggenheim engaden ás súas vantaxes o desconto do 5 e 10 por cento, respectivamente, no prezo das mensualidades en calquera curso da Escola, aparte doutros descontos que xa tivesen.